TRABAJOS > APAIOGA
Branding y sitio web para APAIOGA
Para elaborar a nova imaxe de APAIOGA, un dos requisitos esenciais é que a marca respecte e reproduza a finalidade principal da asociación: defender o perfil profesional dos axentes de igualdade de oportunidades e a non discriminación por razón de xénero entre homes e mulleres en tódolos sectores sociais.
A marca APAIOGA precisaba modernizar a súa aparencia para adaptarse aos tempos actuais. Buscamos unha imaxe que lle permitirá perdurar no tempo, sen perder a súa esencia e transmitindo os valores e a filosofía que cimentan a organización.
O primeiro paso foi buscar unha tipografía adecuada para o logotipo. Intelixible, de trazo limpo e sen serifas, acorde ás tendencias actuais. As formas redondeadas aportan unha estructura de marca sofisticada e moderna.
Como apoio gráfico partimos do símbolo ‘‘=’’, que xa existía previamente no logotipo orixinal. Alén de ser un icono xeralmente recoñecido, permítenos representar os valores sobre os que se erixe APAIOGA e axúdanos a contruir unha arquitectura de marca moi versátil.
Duplicando o símbolo ‘‘=’’ e entretecéndoo, conseguimos representar o concepto de IGUALDADE, leit motiv de APAIOGA. Da mesma forma que no símbolo alternamos as cores corporativas, trasladamos ao nome da marca este detalle para poder destacar as siglas ‘‘AIO’’ e así reforzar o concepto de ‘‘Axentes de Igualdade de Oportunidades’’.
Para acompañar a nova imaxe, creamos desde cero unha páxina web que representa ao 100% os valores da marca, destacando os seus obxectivos e os proxectos nos que participou a asociación.